Os
namorados dos mil silencios,
as
Santas Compañas da contención e o peito aberto,
falas
que agochan na faciana da costume,
sentimentos
inombrábeis dos baixos luares.
Orballo
afetivo que se invisibiliza e fai errante,
áxil
emoción que fuxe e se espalla entre a pedra,
sutís
coidados dos homes sentidos e amantes,
plumas
feitas ao armario de visagra vella.
Latricar
no banco da tardeira e na fonte da sesta,
recunchos
reapropiados e feitos outros lugares,
conversas
preguiceiras dos labregos de moitos ollares,
badalada
poética nos corazóns dos mil pesares.
Aproveitar
a regadela pra poñerse de lerias,
disimular
as paixóns entre conversas do agro,
ir
recoller o gando e humanizando pegadas na morte do día,
no
luscofusco do vrau habita o único desexo que alivia.
Vítimas
de paliqueiras e homes baleiros,
incomprendidos
que divagan entre as airas e os lameiros,
soñadores
de día que tecen novas madrugadas e corazóns sen xiadas,
Arcos
da Vella que habitan na aldea e non se agrisallan.
Mozos
pícaros que se fan fortes entre abouxos e sentencias,
labregos
utópicos de peito orgulloso e henchido,
negadores
activos dunha emigración anunciada e un exilio ofrecido,
resistencia
que espanta con aturuxos ó éxodo sexual.
Todas,
todos, somos.
Vós
que estades e nós que estivemos.
Fino
vínculo da merusquiña da resistencia.
Non
darán agochado as infinitas cores no País dos Mil Grises.
*Ángel
Amaro
No hay comentarios:
Publicar un comentario