A converxencia entre a antropoloxía crítica, a socioloxía rural, os feminismos e o ecoloxismo social é crucial para artellar unha ruralidade emancipada, igualitaria e fraterna. E eiquí onde ten un rol crucial a sociopoética rural como oportunidade artístico-investigadora, antídoto transformador contra a decadencia cultural, a amnesia colectiva e a pauperización dos entornos rurais.
Niste contexto urbanizador global que marxina os saberes populares do rural, compre redoblar esforzos para artellar novas ferramentas de análise, crítica social, difusión, sensibilización e producción colectiva. Metodoloxías e ferramentas emancipatorias que emerxan dunha unha socioloxía rural crítica, ecoloxista e feminista.
Por
en valor a necesidade de artellar diferentes formas de creacción das
cosmovisións compartidas dende o rural, enriquecer a memoria
colectiva dos pobos minorizados, recuperar elementos identitarios
claves, narrar con novas linguaxes os coidados da terra e as xentes,
redefinilos suxeitos antropolóxicos, investigar con novos conceptos
e novas ópticas, afondar nas etnografías e as técnicas
cualitativas que empoderen os entornos rurais... En definitiva,
dignificar a ruralidade e visibilizalas diversidas identidades rurais
(autoconcepto e referentes dende e para o rural).
Dende
os inicios da socioloxía rural se ven poñendo o foco no interese
por faguer estudos parciais, implementar enquisas sectoriais e
plantexar algunhas ferramentas sociolóxicas que posibiliten
comprender o rural e reflexalas memorias e culturas propias que se
dan nos pequenos núcleos poblacionais. Con tódalas súas sombras e
retrocesos, estamos no camiño de ir xestando unha socioloxía rural
crítica e emancipatoria, intersubxectiva e integradora; interesada
en coñecer os entornos rurais sen a típica distancia investigadora
do academicismo urbanita (cosificación, estigmatización.
guetificación, etc).
Estamos
nun contexto cheo de diversos e novos escearios antropolóxicos e
sociolóxicos que a globalización ven impondo ao rural. Niste
sentido a socioloxía crítica ten que profundizar no compromiso
investigador/social de denunciar o desmantelamento da ruralidade e a
estigmatización da memoria colectiva, histórica e popular das
culturas minorizadas.
Precísanse
de novos escearios, metodoloxías e praxis para visibilizar as mudas
antropolóxicas e sociolóxicas que trae consigo a pauperización
crecente dos entornos rurais. Coa precarización na transmisión
oral da cultura esquécese a memoria local e das comarcas, as persoas
maiores son menos resilientes e son testemuña viva de cosmovosións
rurais que están ao borde do colapso interxeracional. A socioloxía
crítica precisa de alianzas cos feminismos e os ecoloxismos, as
artes e o resto das ciencias sociais. Un proceso interdisciplinar e
utópico no que poder investigar, visibilizar, denunciar, comprender,
transmitir, sensibilizar, tecer, etc.
A
crise de réxime, as privatizacións, a recentralización do estado e
o desmantelamento das políticas públicas inflúen directamente no
futuro da cultura rural e local dun pobo. Condiciónase o direito de
existir e desenrolarse nun espazo/tempo concreto, compartido e
habitado. Estigmatízanse as particularidades e os acentos, o
folklore esmorece, a memoria compartida decáe, as traxectorias
vitais vanse difuminando, o éxodo rural vai larvando o autoconcepto
colectivo, os coñecementos esquécense.... E eiquí onde ten un
rol crucial a sociopoética rural como oportunidade
artístico-investigadora, antídoto transformador contra a decadencia
cultural, a amnesia colectiva e a pauperización dos entornos rurais.
A
agudización da diáspora e a fractura dos vínculos interpersoais
que interactúa coa decadencia da socialidade das aldeas ten que
poñer a socioloxía rural sobre aviso. O éxodo rural
interxeracional trae consigo a ruptura dos lazos emocionais e
afectivos que artellan a ruralidade, a sangría migratoria é cada
vez máis estructural e fractura as cosmovisións relativas a
cultura, as emocionalidades, os sentimentos, os ritmos do rural, os
valores e a ética cotián, etc.
“Abandoar
un eu-aislado-periférico por un nós-colectivo-cooperativo” (Sato,
2003); un desexábel horizonte no que se misturen os poemas, as
etnografías, os metarelatos, os saberes populares, os coñecementos
cotiáns e as prácticas compartidas...
Publicado en Galicia Confidencial
No hay comentarios:
Publicar un comentario