Ledo despertar pra vendimia familiar.
Sabes que xa andan nela, desayuno express, tarde chegarás.
Costa arriba trote lixeiro polo camiño a tropezar.
Intrigado polos veciños que están.
Marabillado polas amigas que estarán a axudar.
Ollar o ambiente de festa e alborada.
Festival de sacos aorredor de vagos de mencía.
Coa navalliña pasar o tempo paseando con ledicia.
Desfile de culeiros pola viña.
Escoitar chistes, vellas trelas e caras cheas de vida.
A vendimia insufla forza, aglutina emocións.
Facianas sen respirar e sen envexa.
A media mañá unha empanada, queixo do país, que ben sabía.
Probar de árbores que habitan na viña.
Ameixas, ananás, abelás e pavías.
Pequeniño me faguía naquela viña, grande o que sentía.
Parecía imposible tanto sono xunto, tan único e simple día.
*Ángel Amaro
No hay comentarios:
Publicar un comentario