domingo, 19 de enero de 2014

SEMPRE MIGRANTES

Vistes e fixestes diáspora, sangría migrante.
Coidadora allea, eiquí e polo mundo endiante.
Vistes e fixestes ética e dignidade migrante.
¿A quen non coidaches galega itinerante?

Vistes e fixestes historia.
Levantaches as envexas dos iñorantes.
Vistes e fixestes emancipación na precariedade.
Polas Américas e polo mundo endiante.

As que non migraron foron segundo fogar,
das fillas migradas alén do mar.
Cargaches con máis de dous lares,
nas comarcas e vilas.
Pobos ciscados pola Galiza endiante.

Cicais non migraches, mais como se o fixeras.
Lías as cartas, mantiñas quente as lareiras alleas.
Coidabas máis terras, sustentáchela vida.
Eras motor da supervivencia do día.
Emigrar pode que non fixeras,
mais tí, todo fixeches. Todo mantiñas.

Choraches coas cativas, limpabas bágoas, cartas abrías.
Acougaches sentimentos de saudade e mágoa aturdida.
Choraches agazapada entre manta de lá e lembranza partida.
¿Quen dirá que non te sentiras migrada?
¿Quen dirá que non choraches entre as cativas e a veciñanza?

Tí, migrante non migrada. 
Muller de latexo intenso da non retornada.

*Ángel Amaro

No hay comentarios:

Publicar un comentario