"Desde
a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega comezouse a
traballar nunha liña de exploración das mulleres e o traballo.
Encarna Otero, canda as dúas técnicas do CCG Bea Pérez Mosquera e
Teresa Navarro Quinteiro, desprazáronse a Vila de Cruces para
rastrexar a vida das mulleres que traballaran na mina ou en tarefas
“paralelas” vinculadas á minaría fóra do complexo industrial.
Atopáronse con iso, e con moito máis: un relato do mundo dos anos
40 nun espazo nunhas condicións moi especiais. Un territorio no que
non se pasaba a fame doutras áreas de Galicia, pero sobre o que
existía un forte control e represión, con frecuentes incursións da
guerrilla que procuraba contactar cos presos republicanos destinados
á mina".
Pra visualiza o documental entrar eiquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario