No cotiá fálase da diáspora pra referirse a “dispersión de grupos étnicos ou relixiosos que abandoaron o seu lugar de procedencia orixinaria e que se encontran espallados polo mundo, vivindo entre persoas que non son da súa condición”. Xeralmente sempre se ven falando da “diáspora xudía”, debido a condición errante forzada (e por tanto nómada) que tiña iste pobo; unha característica tamén extensible a outros pobos que tamén teñen condición diaspórica: “diáspora afrodescendente na América Latina”, “diásporas tribais africanas”, etc.
A
Real Academia Galega apunta o seguinte sobre a Diáspora no seu
diccionario virtual: “Dispersión que sofre unha etnia, pobo
ou comunidade, por
motivos políticos, relixiosos, etc.” Pobo ou Comunidade que, ainda
sen ser recoñecida como Estado ou País soberano, sempre foi un pobo
histórico antropolóxicamente estable e homoxéneo. Iste é o caso
do pobo galego que, por motivos políticos e económicos, sempre
contou cunha emigración larvada e estructural que foise convertendo
en regueiro interxeracional ao cabo de centos de anos. Unha
emigración de xentes que comparten un espazo orixinario cheo de
significantes que nunca se esquecerá en destiño (ex. morriña ou
saudade) e sempre estará en constante reelaboración e
resignificación.
Actualmente,
no eido académico e sociopolítico, fálase de diáspora pra
referirse a situación actual dos pobos orixinarios (ex. maias,
mapuches, etc.) exiliados alén dos seus espazos xeográficos
propios; pra referirse a tribus/comunidades étnicas migradas por
vontades alleas e conflictos externos (principalmente en África e
Asia); e como non, tamén se fala de diáspora pra referirmos aos
pobos que históricamente teñen unha comunidade emigrante
estructuralmente relevante (emigración histórica e
interxeneracional) e que mantén fortes lazos culturais estables
(lingua, folklore, etc.) co lugar de procedencia orixinaria. Niste
sentido, dende fai décadas vense falando da diáspora vasca, a
diáspora catalana ou a diáspora galega. Cando
estamos a falar da diáspora dun país ou dunha diáspora nacional en
concreto, non hai que pensar só no conxunto numérico da
emigración, no fluxo migratorio en cifras ou na emigración como
fenómeno limitado e desligado da comunidade de orixe. O
concepto de Diáspora inclúe significados e significantes, procesos
entrelazados, reapropiacións dos suxeitos políticos migrantes (non
obxetos apolíticos), unha cosmovisión compartida, herdada e
reconstruida en constante proceso de construcción/deconstrucción. Analizando
a demografía do pobo galego, concretamente os fluxos migratorios,
vemos como dende o século XIX o fenómeno da emigración vaise
facendo máis estructural a medida que remata o século XIX. Xeración
tras xeración vaise vendo un incremento paulatino das persoas que
emigran, vaise extendendo iste fenómeno as catro provincias do país,
e pouco a pouco, vanse diversificando os países de destiño. Comeza
o século XX e a diáspora xa ten vida propia tanto no plano
ideolóxico como no espiritual. Poemas e narrativa sobre a diáspora
galega que son cohetáneos ao Rexurdimento do XIX. ¿é azar? O certo
é a sangría migratoria tamén fai que se poñan en valor os pilares
básicos da cultura galega, tómase conciencia histórica de seu.
¿Que é o relevante nistes fluxos migratorios do século XIX que constitúen a Diáspora Galega?
En
primeiro lugar, no eido económico, hai que resaltar que as persoas
emigrantes fano por un contexto sociopolítico e económico concreto,
cunhas características estructurais e impostas que fan estructural
un paro histórico na Galiza: falta de autogoberno e soberanía pra
autoorganizar a economía galega, paro estructural larvado sen
políticas públicas concretas, ausencia de infraestructuras e plans
de modernización das economías locaias, centralismo españolista e
ausencia de investimento público en benestar social e nos entornos
rurais.
A
emigración non se dá por motivos individuais, senon
sociopolíticos e económicos sociais. Ainda que a decisión última
de emigrar a partir do século XIX é “voluntaria”; non o é a
reflexión previa e a proxecto migratorio que cada familia se ve na
necesidade de por en marcha. Proba diso son as constantes remesas que
se enviaban á Galiza Interior coa finalidade de incrementar o
capital familiar en orixe (viñas, eidos, tarreos, produtos básicos,
etc.) Non se tratou, en xeral, dunha emigración individualizada;
senon todo o contrario, foi unha emigración socializada xa que na
persoa emigrante depositábase a responsabilidade de poder desenrolar
espranzas e proxectos de tódalas persoas do fogar. Niste sentido, o
vínculo económico foi sempre moi intenso e estable entre o páis e
alén.
Emerxe
con forza diste xeito a Galiza Exterior: man de obra asalariada no
exterior que ten unha unión forte coa Galiza Interior, “non están
nin acá nin alá”. Mais estas dúas Galizas conforman unha soa.
En
segundo lugar, no eido social, hai que resaltar que froito desta
emigración socializada tamén se orixina unha vida cotián
socializada na Galiza Interior e na Galiza Exterior.
Na
Galiza Interior as familias das persoas emigrantes estreitan lazos,
as veces len cartas en común, o coidado de cativas/os e dependentes
tamén se socializada recaendo sempre nas mulleres das aldeas, fanse
amizades estables froito da emigración dos maridos e fillos,
compártense en orixe inquedanzas e practícase o apoio mutuo, etc. Na
Galiza Exterior as persoas emigrantes tecen redes de solidariedade,
coidados e amizade; comparten malestares froito da vida cotiá en
destiño e da vida orixinaria na Galiza Interior. E eiquí cando se
pode falar de Diáspora Nacional. Emigración homoxénea
antropolóxica e sociolóxicamente falando que comparte un orixe
común, uns sentimentos compartidos/descifrables e unha idea
(realizable ou non, máis ou menos intensa) de tornar a Galiza
Interior nalgún momento da vida (eterno retorno imaxinario a orixe).
En
terceiro lugar, no eido cultural e identitario; as persoas emigrantes
crean Centros Galegos e usan como lingua vehicular o galego, fan
quedadas gastronómicas e culturais, comparten sentimentos de morriña
e saudade, xeran estruturas educativas pra ensinalo galego a mocidade
da emigración, forman grupos de música e danza, editan revistas en
galego, constrúen simbolismo e cultura galega que tamén será
asumida como propia e xenuina na Galiza Interior, etc. Estamos
por tanto ante unha diáspora histórica e situada, diversa e
universal. Unha cosmoloxía de comunidades espalladas alén do país
que comparten unha serie de símbolos, referentes, pasado común,
etc. A diáspora galega é un fenómeno sociopolítico e cultural
complexo que precisa de moita socioloxía e antropoloxía, dunha
perspectiva e reflexión crítica e, como non, dun amplo debate
sociopolítico con tódolos axentes sociais da Galiza Interior e da
Galiza Exterior.
As
mulleres nistes tres eidos dos fluxos migratorios (económico, social
e cultural/identitario) e da diáspora teñen un papel relevante e
crucial tanto na Galiza Interior como na Galiza Exterior; un papel
histórico na vertebración da Diáspora Galega. Son
as coidadoras en orixe e destiño, as portadoras da memoria
colectiva, os referentes culturais e históricos da emigración, as
aforradoras e as administradoras, as que limpan bágoas e rebaixan as
mágoas, as que fan doble e triple xornada laboral eiquí e elí, as
que máis sofren porque na emigración do XIX solo partían os homes,
as que sostiñan fogares, as que lembraban danzas e letras das
cantareiras, as narradoras de lendas e contos antergos... a Galiza
Nai, a Matria.
Vemos
por tanto que (a pesar de anos e décadas fora de país) as
galegas e galegos migrantes tamén compartimos esa Matria que se
enraiza e xermina na Galiza Interior, tecemos lazos culturais en
torno a Galiza Nai e temos como referencia cultural e identitaria a
cultura compartida, a Matria: somos a Diáspora Nacional Galega.
Son
tempos de matriotismo social e diáspora activa
Son
tempos de soberanía nacional
Publicado
en SERMOS
GALIZA
No hay comentarios:
Publicar un comentario